O Campionato tivo lugar o sábado 16-F, no incomparable Circuito do Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), organizado pola FEGADDI (Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual)

Compartir

Clickando neste enlace “Galego campo a través” poderán acceder as normativas do campionato galego de campo a través.

Compartir

As Asociacións Aceesca, Alento, Avelaíña, Cogami, San Xerome e Vontade, organizan en Baiona, Mercado Solidario, para propiciar e fortalecer a inclusión social de personas con discapacidade.

Mercado Solidario é un punto de encontro para as entidades que o integran, como intercambio de experiencias e apoio mutuo, ao mismo tempo, que trata de sensibilizar á poboación da realidade das persoas con discapacidade.

Compartir

Este Sábado día 7, levouse a cabo unha nova formación para vountarios. A temática foi "Xestión de ocio e deporte en Diversidade Funcional". Este monográfico xunto cos dous anteriores "HHSS e Comunicación en Diversidade Funcional" e "Horticultura Ecolóxica" completan o plan formativo de voluntariado para este curso 2011-12.

Compartir


O pasado xoves tivo lugar nas instalacións de Avelaíña a 8ª e última reunión para a elaboración do Plan Estratéxico do San Xerome, que nos permitirá, dende un punto de vista estratéxico, definir os obxectivos e as liñas de acción prioritarias para estes dous anos.

Compartir

O seminario tivo lugar en Dunkerque (Francia) dende o 19 ó 23 de xuño, no que viaxaron profesores/as dos diferentes centros implicados no proxecto (I.E.S. A Sangriña, C.E.I.P. A Sangriña, Avelaíña e San Xerome Emiliani) e tamén nos acompañou a inspectora de educación. Alí traballamos cos centros participantes Boris Vian e o I.E.M. Vancauwen.

Compartir

Este xoves tivemos o pracer de recibir na aula de música a Iván Diego Martínez, ó actual Presidente da Agrupación Musical de O Rosal, trompetista e profesor de música, que con tan so 24 anos demostrou  os folgos e entusiasmo necesarios para asumir a grande responsabilidade que conleva un posto de tal relevancia.

Compartir