Campo a través de Tui. A Macoca. Pazos de Reis.
O pasado sábado día 21 disputouse na entidade local menor de Pazos de Reis o Campo a través de Tui.
 
A Agrupación Deportiva do Baixo Miño, tivo a deferencia de invitar ao Club San Xerome a participar dentro da categoría cadete aos nosos atletas.

Por parte do Club tres foron os representantes, Maite Santos, Luis Antonio Sández e Borja Cadilla. Todos eles disputaron a proba na categoría cadete. Borja acadou a cuarta posición, e Luis a decimoprimeira. Maite rematou no posto 19.
 
Dende aquí queremos agradecer a Agrupación Deportiva do Baixo Miño e a todos os colaboradores a boa organización, e que un ano máis conten con nós para poder disputar a proba.

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas