Campionatos de Galicia e España de remo Indoor

CAMPIONATO GALEGO DE REMO INDOOR en A Coruña

O 13 de Xaneiro celebrouse, no frontón de Riazor, o Campionato galego de remo indoor. A instalación Coruñesa recibiu a numerosos participantes de toda Galicia. A Gran afluencia de participación ocasionou retrasos nas mangas. O atletas do San Xerome que acudiron a cita representando ao Club Robaleira foron os seguintes: Nuria, 1ª na categoría adaptada, María 2ª na categoría adaptada e Andrea Piña, 3ª na categoría adaptada. Jaime acadou a 1ª posición e Fabián Santos quedou 4, ambos na categoría adaptada masculina.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO INDOOR en Ourense

Unha semana despois de competir no campionato galego de remo indoor,  o sábado 20 de xaneiro, desplazámonos ata o pavillón universitario do Campus das Lagoas de Ourense para participar no campionato de España de remo indoor. Tanto Nuria como Jaime Álvarez acadaron a 2ª plaza na categoría adaptada, Andrea conseguiu o bronce e María quedou ás portas do podio na cuarta plaza e Fabián quedou 6º.

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas