Campionato Galego de Remo Ergómetro. Ferrol, 2016.

Este pasado domingo día 24 disputouse no FIMO Recinto Ferial, na cidade de Ferrol, o Campionato Galego da especialidade. Igual que o pasado ano o Club Robaleira-San Xerome participou da competición na categoría de dispacitados intelectuais. Nesta ocasión ampliamos o número de remeiros, cinco na categoría masculina e dúas na feminina. Na categoría masculina, o Club Robaleira-San Xerome copou o podium, ouro para Jaime Álvarez, prata para Domingos Arbadalejo, e bronce, para Pepe Bargiela. Na categoría feminina as nosas representantes foron as únicas participantes, neste caso ouro para María García e prata para Lourdes Fernández, que debutaba en competición. Completaron a participación Miguel Ángel Bello e Fabián Santos.

Noraboa os nosos campións, todos eles, con e sen medalla, amosan a súa capacidade de esforzo e sacrifio que realizan nas instalacións do Club de Remo Robaleira cada semana. Tamén queremos agradecer a disposición do Club Robaleira hacia os nosos deportistas, cómo lle brindan a posibilidade da práctica do remo e de protagonizar a competición en vivo. Finalmente, e unha vez máis, aos adestradores e voluntarios, sen eles non sería posible este tipo de experiencias para os usuarios do San Xerome.

12540617_488191671367577_6045866912637362508_n IMG-20160125-WA0002 IMG-20160125-WA0003 IMG-20160125-WA0006 IMG-20160125-WA0008 IMG-20160125-WA0009 IMG-20160125-WA0010 IMG-20160125-WA0011 IMG-20160125-WA0012 IMG-20160125-WA0014 IMG-20160125-WA0015 IMG-20160125-WA0016 IMG-20160125-WA0017 IMG-20160125-WA0018 IMG-20160125-WA0019 IMG-20160125-WA0020 IMG-20160125-WA0021 IMG-20160125-WA0022 IMG-20160125-WA0023 IMG-20160125-WA0024 IMG-20160125-WA0025

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas