Campionato galego de natación – A Cañiza 2013

O Campionato tivo lugar na Piscina Municipal de A Cañiza, e participaron 5 nadador@s do noso Club, xunto con deportistas dos Clubes: Menela , Aspanaex, Playa de Samil e San Rafael (Vigo), Esclavas (Mos), Saiar (Caldas), Aceesca (Porriño), Juan XXIII, Méndez Núñez (Pontevedra). Educación Especial (Vilagarcía), Apader (Cedeira), R. Chapela, Asdán (Redondela) e Os Helenos (Monforte).

Os nosos nadador@s, participantes todos eles na proba de 50 libres da categoría adaptada, fixeron un bo papel. Noraboa a Puri, Fabián, Lucía, Nuria e José Miguel !

Ambientazo nas gradas, cun grupo de “animador@s” das Unidades educativas, onde non faltou o típico bocata de xamón da Cañiza… para repoñer forzas.

Lucía Nuria Puri chegada Puri Miguel

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas