Campionato Galego de Campo a través. Vigo 2016.

Este mércores día 3 de marzo disputouse o Campionato galego de Campo a través de FGDA, no circuito do Parque de Castrelos. Esta edición, retrasouse unha semana a súa celebración polo mal tempo metereolóxico da semana anterior.

Nunha mañá de chuvia fina, a Sección de Atletismo do Club San Xerome, desprazou un total de trece corredores que disputaron as probas das categorías de Competición, Adaptada e Xogo. Os resultados obtidos polo Club superaron en participación e medallas aos do pasado ano.

Na categoría absoluta de Competición masculina, Borja Cadilla obtivo o 3º posto, seguido moi de preto por Fabián González que obtivo o 4º lugar. O terceiro componente do equipo Luis Antonio Sández acadou a 9ª posición. Nesta mesma categoría na sección feminina Maite Santos rematou no 4° posto, completando unha gran competición.

Na categoría Adaptada feminina. Medalla de bronce para Maite Barros, 3º clasificada.

A categoría que contou coa maior participación por parte do Club foi a de Xogo +15, onde Óscar Moure obtivo a medalla de prata coa súa 2ª posición, e Miguel Ángel Bello obtivo un meritorio 10º posto. Pola súa banda a sección feminina destacou o 4º posto de Jennifer Álvarez, tamén hai que sinalar o 6º de Nuria Pereira, o 8º de Celia López, o 10º de Andrea Piña e o 15º de Lourdes Fernández.

Finalmente Raúl Mansinho proclamouse Campión Galego na Categoría Xogo -15, reafirmando o seu bo estado de forma, que xa amosou no Campionato de España onde tamén acabou 1º.

Dende o Club San Xerome Emiliani queremos agradecer aos rapaces o seu esforzo nas competicións e nos adestramentos, así como aos adestradores, persoal de apoio, voluntarios, e familias que fan posible os éxitos de participación e competitivos que ano a ano se están a conseguir. Noraboa.

FB_IMG_1456942260070 FB_IMG_1456942287300 FB_IMG_1456942291871 FB_IMG_1456942302962 FB_IMG_1456942311232 FB_IMG_1456942317301 FB_IMG_1456942322294 FB_IMG_1456942326766 FB_IMG_1456942375918 FB_IMG_1456942379397 FB_IMG_1456942383045 FB_IMG_1456942386457 FB_IMG_1456942392086 FB_IMG_1456942397010  FB_IMG_1456942420097 FB_IMG_1456942423896 FB_IMG_1456942427827 FB_IMG_1456942431272 FB_IMG_1456942434010 FB_IMG_1456942437103  FB_IMG_1456942456478 FB_IMG_1456942460695  FB_IMG_1456942499683 FB_IMG_1456942503548 FB_IMG_1456942510640 FB_IMG_1456942515631FB_IMG_1456942440095FB_IMG_1456942471686FB_IMG_1456942400706

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas