Campionato Galego de Atletismo. Vilagarcía de Arousa, 2015
Este pasado mércores día 27 disputouse nas Instalacións de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego de Atletismo. 

O Club San Xerome Emiliani presentábase cun equipo de doce atletas, unha ampla participación que cubría boa parte das categorías e disciplinas individuais, e con dous equipos de relevos 4×100, masculino e feminino.

Os resultados acadados polos nosos atletas foron moi bos, cun total de 13 medallas, todos eles acadaron algún podium na competición. Dende o Club queremos dar a noraboa a atletas, adestradores, monitores e voluntarios. A tempada é moi longa, e sabemos que todos eles traballaron moito e moi duro, un premio máis que merecido. 

Case que sen tempo para descansar e desfrutar dos bos resultados, partimos a Santander onde os días 29 e 30 se disputará o Campionato de España. Agardando que disfruten moito na competición e que alcancen os obxectivos fixados, informarémosvos dos resultados.

(Clica nas fotos para velas máis grandes)


MEDALLEIRO SAN XEROME

– Borja Cadilla Lomba: COM+15M Ouro en 1500 m. 

– Jennifer Alvarez González: ADP+15F Bronce en 4x100m. 

– Andrea Piña García: ADP+15F Bronce en 4x100m.

– Miguel Angel Bello Brito: ADP+15M Prata en 4×100 lisos.

– María Fernanda García Orduña: COM+15F Bronce en Peso.

– Fabio Martínez Otero: COM+15M Prata en Xavelina e Bronce en Peso Prata en 4×100 lisos .

– María Teresa Rodríguez Barros: ADP+15F Prata en 150 m lisos e Bronce en Lonxitude.

– Lourdes Fernández Núñez: XOGO+15F Prata en 60 m lisos.

– Maite Santos Fernández: COM+15F Prata en 400 m lisos e Bronce 800 m lisos Bronce en 4x100m .

 

– Óscar Moure Rodríguez: COM+15M Prata en 4×100 lisos.

– Celia López Camacho: XOGO+15F Ouro en 60 m lisos e Bronce en 4x100m.

– Luis Antonio Sandez García: COM+15M Prata en 800 m lisos e Prata en 4×100 lisos.

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas