Campionato de Portugal de remo Indoor ANDDI. Vilanova de Gaia, 2015
O pasado venres día 12, celebrouse en Vilanova de Gaia  o “Campeonato de Portugal e Campeonatos Nacionais por Escaloes de Remo Indor ANDDI. Open Internacional. 2015.”

Como xa comentamos noutra entrada do Blog, a ANDDI (Associação Nacional de Desporto para a Deficiência Intelectual de Portugal), tivo a deferencia de invitarnos ao seu Campionato Nacional. E dende aquí queremos non só agradecerlle esa invitación, se non felicitalos pola gran organización e profesionalidade que amosaron en todo momento durante o Campionato.

O Club de Remo Robaleira-San Xerome, se presentaba cun equipo de seis remeiros, todos competindo a nivel individual, e catro deles a máis, formando un equipo mixto por relevos. Os resultados competitivos foron impresionantes, e unha vez máis temos que estar moi orgullosos do enorme esforzo que fan nos adestramentos os nosos remeiros, e a capacidade competitiva que amosan en cada evento.

O máis destacado foi Jaime Álvarez Pereira, medalla de ouro no 1000 m senior e medalla de ouro nos 500 m “scrach” (final cos seis mellores de todas as categorías), ademais sumou un bronce como membro do equipo de relevos 4x500m. Na categoría de veteramos María F. García Orduna obtivo medalla de prata nos 1000m a que sumou o bronce por equipos, en categoría feminina, e Domingo Albadalejo Rendo con ouro e Julián Tur Pérez con bronce dominaron o podium da categoría veterana nos 1000m. Finalmente, Lourdes Fernández Núñez, xunto con María F., Jaime e Domingo, alcanzaron o bronce na categoría de relevos.

Unha vez máis felicitar aos remeiros, aos adestradores e voluntarios, o seu traballo diario que fai posible que o Club Deportivo sexa unha realidade. E por suposto, ao Club de Remo Robaleira, polo seu apoio loxístico, a súa atención e o seu agarimo que amosan hacia os nosos rapaces e a nosa organización. 

Con esta competición pechamos a primeira parte do ano, a nivel individual os nosos deportistas disputarán algunhas probas atléticas, o Club regresará aos adestramentos no mes de setembro. Estamos a preparar novas disciplinas deportivas, competicións e algunha que outra novidade, das cales teredes cumplida información.

Finalmente, non queremos deixar de comentar que a semana anterior se lle fixo chegar unha carta a D. Miguel Cardenal Carro (Presidente do Consello Superior de Deportes – CSD), onde poñemos de manifesto a nosa reinvindicación de que se faga valer o noso dereito de participar en competicións nacionais e internacionais. 

Adxuntamos a carta para que teñades o texto completo. Clica no enlace: Carta dirixida ao Presidente do CSD 

            (Clica na foto para vela máis grande)

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas