Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cádiz 2013

As duas seleccións con representación do Club S. Xerome (Atletismo e Baloncesto) obtiveron bos resultados. A Selección masculina de atletismo (coa importante aportación de Borja e Armando), clasificaronse en terceiro lugar. O equipo feminino de baloncesto (Amparo, Maite B., Maite S., Jeny, Rosa María , Rosalía e Vanesa) , adestrados por David e Tere P. ocuparon finalmente o 4º posto.
Estes bos resultados xunto coa importante presencia de deportistas do noso Club, quedaron empañados pola grave lesión de Maite B. nun dos partidos de baloncesto, polo que tivo que ser hospitalizada. Nestes momentos cando a expedición galega xa se atopa en Galicia, a nosa deportista Maite B. xunto co adestrador David Parada permanecen nun Hospital do Porto de Santa María (Cádiz) a espera da alta médica. En canto esta se produza, viaxaran en avión Sevilla-Compostela, xestionado pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI).
Agardamos o regreso e a pronta recuperación de Maite. ANIMO !!!

C.España C.España1 C.España2 C.España3 C.España4 C.España5 C.España6 C.España7 C.España8 C.España9 C.España10 C.España11

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas