Campionato de España de Campo a través. Santander 2016

Este sábado día 30 de xaneiro celebrouse no circuito do Campo do Palacio da Magdalena en Santander (Cantabria) o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI. O Club San Xerome Emiliani desprazou a un total de seis atletas, que participaron en tres categorías distintas.
Raúl Mansinho Bernárdez proclamouse Campión de España na Categoría Infantil. Ademais o equipo masculino de Adultos Competición, formado por Borja Cadilla, Luis Antonio Sández e Fabián González acadaron o terceiro posto por equipos. Con este resultado revalidan a medalla de bronce do pasado ano, pero con Fabián González coma debutante no equipo. Finalmente, Óscar Moure non poido repetir o bronce da anterior edición na Categoría Junior, quedando as portas co seu cuarto posto. Maite Santos obtivo un resultado moi discreto, rematando a proba nos postos finais.

Trala competición o Equipo, aproveitou para dar un paseo e coñecer o entorno da Magdalena, desfrutar da cidade de Santander, e compartir un tempo xuntos. O club e a competición facilitan desta maneira oportunidades para que os usuarios se manexen fóra do seu entorno habitual, e gocen de experiencias de inclusión noutros ambientes.
O Club San Xerome, quere felicitar a todos os compoñentes do equipo, atletas, adestradores e demais membros da comunidade San Xerome, polo seu continuo esforzo e adicación que fai realidade a posibilidade de competir a nivel nacional, independentemente dos resultados que se poidan acadar.

Club San Xerome Atletismo (2)Club San Xerome Atletismo       Club San Xerome Atletismo (3) Club San Xerome Atletismo (4)  Club San Xerome 3º Equipos (2)Borja Cadilla 3ºEquiposBorja Cadilla 3º EquiposFabián González 3º Equipos (2) Fabián González 3º Equipos (3) Fabián González 3º Equipos IMG-20160130-WA0041  Luis Sandez 3º Equipos (2) Luis Sandez 3º Equipos (3) Club San Xerome 3º Equipos (3) Club San Xerome 3º Equipos (4)Maite Santos Adaptadaa Maite Santos Ctg Adaptada  Óscar Moure 4ºJunior (2) Óscar Moure 4ºJunior (3) Óscar Moure 4ºJunior (4) Óscar Moure 4ºJunior  Raúl Mansinho 1º Infantil (3) Raúl Mansinho 1º Infantil (5)Raúl Mansinho 1º Infantil (4)     Raúl Mansinho 1º Infantil (9) Raúl Mansinho 1º Infantil (10) Raúl Mansinho 1º InfantilClub San Xerome 3º EquiposRaúl Mansinho 1º Infantil (7)Medalla de Bronce Equipos Adultos

FB_IMG_1454240015527 FB_IMG_1454240025067 FB_IMG_1454240035914 FB_IMG_1454240059727 FB_IMG_1454240079645 FB_IMG_1454240129412 FB_IMG_1454240169993 FB_IMG_1454240188235 FB_IMG_1454240200119 FB_IMG_1454240212360 FB_IMG_1454240227536 FB_IMG_1454240238846 FB_IMG_1454240248231 FB_IMG_1454240269573 FB_IMG_1454240288148 FB_IMG_1454240296543 FB_IMG_145425178491112661912_491154971071247_6499651522627779259_n

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas