Campionato de España de Atletismo FEDDI. Cartagena 2016

Na fin de semana do 19 ao 22 de maio celebrouse en Cartagena o Campionato de España de Atletismo da FEDDI. Para esta competición o Club San Xerome Emiliani presentou unha expedición de sete atletas, acompañados polo adestrador do Club Roberto Martínez e Armando Verde coma voluntario.

Trala disputa o mércores  día 18 do Campionato galego de Atletismo en Vilagarcía, onde o Club San Xerome obtivo 13 medallas, sete dos nosos atletas con maiores posibilidades competitivas desprazáronse ata a Cidade de Cartaxena percorrendo 1000km, para disputar o Campionato de España. A pesar das condicións da viaxe, do esforzo acumuladodo do día anterior, de estar a piques de rematar a tempada e do nivel competitivo do Campionato, o Club San Xerome obtivo 9 medallas. Este resultado énchenos de orgullo polos nosos deportistas, polos preparadores e voluntarios, toda a xente que nos apoia no camiño do deporte. Se estar xa é un éxito, cando se conseguen estes resultados (medallas e postos destacados en cada proba), non hai verba que poida expresar todo o agradecemento para o que os nosos atletas están a facer no deporte do Baixo Miño, e o seu posicionamento a nivel autonómico e nacional.

O Club Polideportivo San Xerome Emiliani conta con máis de 30 deportistas da comarca do Baixo Miño (A Guarda, Tomiño, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia), que practican ademais de atletismo, baloncesto, remo, natación, boccia, fútbol e padel. Os obxectivos do Club deportivo son: promoción da saúde, sensación de benestar, potenciación das relacións interpersonais, fomento da amizade, promoción e mellora das capacidades, autonomía persoal, autorrealización persoal, cohesión grupal e integración social e visibilidade.

Traballamos para que calqueira persoa con discapacidade, independentemente da súa idade, teña a oportunidade de practicar deporte e competir se ese é o seu desexo.

Gracias a todos por estar aí.

 

MEDALLEIRO SAN XEROME:

María F.,  OURO en disco, BRONCE en peso e BRONCE en xavelina, categoría absoluta.

Raúl Mansinho, PRATA en 100 metros lisos, PRATA en salto de lonxitude e BRONCE en 200 metros lisos, en categoría junior (sendo aínda infantil).

Óscar Moure, PRATA en 200 metros lisos e BRONCE en 100 metros lisos, categoría junior.

Fabio Martínez, BRONCE en lanzamento de disco, 4º lanzamento de peso e 5º lanzamento de xavelina, categoría absoluta.

Maite Santos, 7ª lanzamento de disco, 9ª en 400 metros lisos e 10ª en 800 metros lisos, categoría absoluta.

Borja Cadilla, 9º en 10000 metros lisos e 11º en 5000 metros lisos, en categoría absoluta.

Fabián González, 10º en 10000 metros lisos e 13º en 10000 metros lisos, en categoría absoluta.

Equipo San Xerome masculino, 6º en 4×100 metros lisos, categoría competición.(Óscar, Raúl, Borja e Fabián).

IMG-20160519-WA0047 IMG-20160519-WA0046

13226872_530666670453410_4413711168253701429_n  IMG-20160523-WA0000 IMG-20160523-WA0001 IMG-20160523-WA0002 IMG-20160523-WA0003 IMG-20160523-WA0004 IMG-20160523-WA0005 IMG-20160523-WA0006 IMG-20160523-WA0007 IMG-20160523-WA0008  IMG-20160523-WA0010 IMG-20160523-WA0011   IMG-20160523-WA0014 IMG-20160523-WA0015 IMG-20160523-WA0016  IMG-20160523-WA0018 IMG-20160523-WA0019 IMG-20160523-WA0020 IMG-20160523-WA0021  IMG-20160523-WA0023 IMG-20160523-WA0024 IMG-20160523-WA0025  IMG-20160523-WA0027 IMG-20160523-WA0028 IMG-20160523-WA0029 IMG-20160523-WA0030 IMG-20160523-WA0031 IMG-20160523-WA0032 IMG-20160523-WA0033 IMG-20160523-WA0034 IMG-20160523-WA0035 IMG-20160523-WA0036 IMG-20160523-WA0037  IMG-20160523-WA0039  IMG-20160523-WA0041 IMG-20160523-WA0042 IMG-20160523-WA0043 IMG-20160523-WA0044 IMG-20160523-WA0045 IMG-20160523-WA0046 IMG-20160523-WA0047 IMG-20160523-WA0048  IMG-20160523-WA0074 IMG-20160523-WA0075 IMG-20160523-WA0076 IMG-20160523-WA0050 IMG-20160523-WA0051 IMG-20160523-WA0052  IMG-20160523-WA0054 IMG-20160523-WA0055  IMG-20160523-WA0057  IMG-20160523-WA0059  IMG-20160523-WA0061 IMG-20160523-WA0062 IMG-20160523-WA0063 IMG-20160523-WA0064IMG-20160523-WA0070    IMG-20160523-WA0079 IMG-20160523-WA0080 IMG-20160523-WA0081 IMG-20160523-WA0082 IMG-20160523-WA0083 IMG-20160523-WA0084 IMG-20160523-WA0085 IMG-20160523-WA0086 IMG-20160523-WA0087 IMG-20160523-WA0088 IMG-20160523-WA0089 IMG-20160523-WA0090 IMG-20160523-WA0065  IMG-20160523-WA0067 IMG-20160523-WA0068 IMG-20160523-WA0069 IMG-20160523-WA0077 IMG-20160523-WA0078 IMG-20160523-WA0066

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas