Campionato de España de Atletismo ao Aire libre. Santander, 2015.
A pasada semana, do 28 ao 31 de maio, dispotouse nas instalacións do Complexo deportivo La Albericia. Santander (Cantabria) o Campionato de España de Atletismo da FEDDI.


O Club San Xerome, na súa Sección de Atletismo, participou cun total de seis atletas, un en categoría junior e cinco na categoría Absoluta.


Os resultados finais reflexaron o enorme esforzo destes deportistas, a implicación dos adestradores e dos apoios, que fan posible a práctica deportiva. No medalleiro destacou María F. García Orduña, con tres medallas de prata, en lanzamento de disco, peso e xavelina. E Fabio Martínez Otero que obtivo a medalla de prata no lanzamento de disco e quedou na 5ª posición en xavelina.

Outros resultados a destacar son o 5º posto de Maite Santos nos 800 m lisos, o 5º posto en relevos 4×100 m lisos (Luis, Borja, Óscar e Fabio), e o 7º posto de Borja Cadilla, nos 10000 m lisos.

Pola súa banda o noso atleta junior Óscar Moure Rodríguez, que debutaba en competición, obtivo un meritorio 4º posto en 400 m e 5º posto en 200 m lisos.

Por equipos absoluta o Club San Xerome rematou na 8º posición no Campionato de España (6º posto en feminino, e 10º en masculino), dun total de 44 equipos participantes.

Ruth Beitia, Campeona de Europa, e con varias medallas en Campeonatos Internacionais (europeos e mundiais) fixo entrega das medallas e trofeos conmemorativos.
         (Clica nas fotos para velas máis grandes)

   

  

  

  

  

  

  

 

  

 

  

  

  

  

  


  

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas