CAMPIONATO DE ESPAÑA ATLETISMO AIRE LIBRE-GRANADA-do 16 ao 19 de MAIO

UNHA PRATA E 2 BRONCES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO FEDDI  PARA OS ATLETAS DO SAN XEROME

As actuacións máis destacadas dos atletas do club deportivo do San Xerome foron a plata en lanzamento de peso de Vanesa Martínez e os bronces de María Fernanda García en xavalina e Fabio Martínez en disco.

Cerca de 300 participantes, de 47 equipos de 16 comunidades autónomas, participaron no campionato de España de atletismo ao aire  que se celebrou na cidade de Granada dende o 16 ao 19 de Maio.

Do club deportivo do San Xerome participaron 7 deportistas: Borja, Fabio, Luís, María Fernanda, Vanesa, Nuria e Maite Santos, acompañados polos adestradores César e Belén.

Resultados:

  • Vanesa medalla de Prata en  lanzamento de peso, 4º posto en xavalina e 8ª en disco
  • María Fernanda medalla de Bronce en xavalina , 4º posto en disco e 5ª en peso
  • Fabio Bronce en lanzamento de disco, 5º en peso e 7º en xavalina
  • Nuria 4ª en 400 ml e 800 ml na categoría adaptada femenina. 7ª en lanzamento de peso
  • Maite Santos 8ª en 400 ml e 9ª en 800 ml
  • Luís Antonio 17º en 800 ml e 23º en 400 ml
  • Borja 19º nos 5000ml e 1500 ml
Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas