CAMPIOAS, CAMPIOAS, OE, OE, OE….!!

Hoxe traemos unha nova moi importante!…. Recentemente o equipo feminino de baloncesto gañou o Campionato da Liga de Baloncesto 2016  da FEDAGA, e como temos preto nosa a unhas campioas debemos aproveitarnos do seu éxito para facerlles esta entrevista.

img_20161015_194807

Como vos sentides gañando este Título?

Pois imaxínate….. emocionadas e contentas!!!

Quen forma o equipo de baloncesto?

Pois… Rober que é o adestrador, Blanca e Belén que son axudantes do adestrador e despois nós: Celia, Lucía, Maite Santos, Maite Barros, Vanesa, Nuria, Sali, María Fernanda, Jennifer e Andrea.

A verdade…. é que nós o baloncesto non o seguimos moito, poderíadesnos explicar cantas persoas xogan?

5 xogadoras xogando e 4 no banquillo.

E… como vai iso dos puntos??? Márcase un gol e xa está!!!

Alaaa…….. non!!!!!

No baloncesto non se marcan goles, márcanse canastras!! E dependendo de que sitio lances o balón, pois…. vale 1 punto, 2 puntos e ás veces 3.

Cantas horas adestrades ao día?

Dous días á semana: martes e vernes, adestramos 1 hora e 45 minutos. Primeiro corremos para exercitar os músculos e despois xogamos.

O ano pasado gañáchedes algún Título?

Si.

Tíñades moita xente animando?

Siiii….. un montón! Viñeron moitas furgonetas do centro, e levaron bombos, caixas de música, pandeiretas, tamén quitaron fotos. Facían moito ruído.

 

img-20161026-wa0022      img-20161026-wa0023

Que se sente tendo unha afección así?

Sentímonos moi ben, contentas.

Como celebráchedes a vitoria?

Cun trofeo… jajaja. Bueno… abrazámonos todas da alegría que tiñamos e despois déronnos un trofeo.

unspecified2 img_20161015_110635 img_20161015_110945

Foi un pracer facervos a entrevista. Esperamos que teñades moito éxito no deporte sempre.

img-20161026-wa0008 img-20161026-wa0009

 

 

Relatores: Fabián e Maite B.

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas