CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, AMOREBIETA-ETXANO, 27/29-01-2017

O fin de semana foi intenso no que se refire a competicións, a parte de participar no Campionato de España de Remoergómetro en Ribadavia, estivemos presentes no País Vasco na cita máis importante do ano en cuanto a temporada atlética de inverno para personas  con discapacidade. Nesta ocasión o venres 27 desprazámonos máis de 700kms ata a Localidade de Amorebieta-Etxano onde nun espectacular circuíto disputouse un campionato cheo de emocións.

O camiño en furgoneta á comunidade Vasca foi longo e cansado pero divertido, con algunha parada para comer, estirar as pernas e tomar algún que outro café ou refresco, polo camiño encontramos xeadas e neve pero así chegar ao destino o tempo acompañou toda a fin de semana e foi perfecto de cara a organización, participantes deportistas e público que disfrutaron dunha xornada agradable para a práctica deportiva.

Notouse unha excelente organización e medios loxísticos, sanitarios e técnicos,ao que respaldou unha cobertura dos medios de comunicación fora do que ollaramos nunca dentro dun evento destas características.

O sábado 28 as 10:40h comezaban cas categorías inferiores,  a participación dos nosos Atletas os resultados foron os seguintes:

CELIA LOPEZ CAMACHO 10º PUESTO HABILIDADES DEPORTIVAS FEM.

MAITE SANTOS FERNANDEZ 14º PUESTO ADAPTADA FEM.

OSCAR MOURE RODRIGUEZ 5º PUESTO JUNIOR MASC.

BORJA CADILLA PUESTO 17º COMP. MASC.

LUIS ANTONIO SANDEZ GARCÍA 18ºCOMP. MASC.

ARMANDO VERDE  MOREIRA 19ºCOMP. MASC.

CLASIFICACIÓN EQUIPOS COMP. MASCULINA:  MEDALLA BRONCE

Salientar que cos resultados obtidos, contribue a que o club San Xerome segue puntuando e mantendo un bo ranking de equipo a nivel estatal por outro ano…, parabens aos deportistas e plantel, así como a tódalas personas que fan posible a asistencia aos grandes campeonatos.

A parte da competición o bo tempo favoreceu para facer unha pequena visita turística por Bilbao onde pudemos ollar a Ria de Bilbao, o famoso Museo Guggenheim e disfrutar dun pequeno “pintxo” no centro histórico.

Cos deberes feitos, o día seguinte saimos cedo cara Galicia, a viaxe de volta a casa foi largo, así que puxemos uns filmes para amenizar e fixemos diversas paradas…

Agradecementos a os técnicos, voluntarios e adestradores implicados e os acompañantes do mesmo, neste caso Alba, Armando e Rober.

 

IMG-20170127-WA0023

IMG_20170127_224612 IMG_20170128_122218 IMG_20170128_130523 IMG_20170128_131134 IMG_20170128_132234 IMG_20170128_132243 IMG_20170128_142358 IMG_20170128_142424 IMG_20170129_180506 IMG-20170128-WA0042 IMG-20170128-WA0069

IMG_20170127_132908 IMG_20170127_204755 IMG_20170127_205209 IMG_20170127_215745 IMG_20170127_222502 IMG_20170128_094001 IMG_20170128_104240 IMG_20170128_104533 IMG_20170128_104707 IMG_20170128_105424 IMG_20170128_111326 IMG_20170128_111921 IMG_20170128_112236 IMG_20170128_112838 IMG_20170128_114958 IMG_20170128_115037 IMG_20170128_115454 IMG_20170128_125340 IMG_20170128_125720 IMG_20170128_134501 IMG_20170128_134822 IMG_20170128_134850 IMG_20170128_142302  IMG-20170127-WA0029 IMG-20170128-WA0010

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas