Biblioteca de Aula. Lendo con Jose Antonio e os seus compañeiros
A nosa Biblioteca a entendemos como un espazo educativo ó servizo dos procesos de ensino e aprendizaxe. É un centro de recursos da información.

As actividades asociadas ao uso e disfrute da Biblioteca son: a elaboración dun carné para o seu uso, escoller diferentes libros para ler na aula, buscar unha nova de interese no xornal, elexir entre os diferentes libros para levar para casa o máis interesante para nós, facer a ficha de lectura na aula, comentar coa mestra e os compañeiros porque eliximos ese libro e que o que nos contan nel. Tamén podemos facer un caderno dos libros lidos durante o Curso.
  

A través dela pretendese nos rapaces desenvolver a competencia lectora, favorecer a competencia literaria, tomar contacto con diferentes tipos de textos:  contos, ritmos, adiviñanzas,… 
Fomentar o hábito da lectura e educar no uso crítico da información.

              (Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

  

  

  



Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas