BAUTISMO SURF ADAPTADO NO FESTIVAL ROCK & LONG

img_20160918_191049_resized_20161003_012332772surf adap montalvo 1

Un grupo de usuarios participaron nunha actividade, organizada polo festival “ROCK AND LONG ”,

Este festival e mercadillo surfeiro da a benvida o inicio de tempada surfeira de inverno para todos aqueles que practican e son seguidores deste deporte.

O bautizo de surf consistiu, con breves e sinxelas explicacións, en experimentar, os deslizamentos cunha tabla de surf adecuada para o aprenxizaxe en iniciación, sobre ondas de pequeño tamaño.

A actividade tivo lugar na Praia de Montalvo (portonovo) o domingo 18 de setembro, cun grupo de 7 usuarios, e foi guíada por monitores da escola de surf e do noso centro, que os acompañaron en todo momento.

O día foi moi soleado e ainda que a auga estaba fria, cos traxes de neopreno que utilizaron non se notou en exceso.

Despois dunha xornada divertida e movida, o festival invitou a tod@s a unha comida no bar “kannion surf” que era o centro loxístico do evento, así como tamén disfrutaron da increible actuación de Xerock que era parte do cartél de actuacións do festival.

Despois de sortear diversos regalos entre os asistentes ao concerto, o punto culminante da tarde foi a entrega dun cheque solidario para a nosa asociación co valor de 1003 euros, e que irá destinados a novos proxectos.

img_20160918_141641

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas