Autodeterminación na adolescencia e transición a vida adulta
O CEEPR San Xerome está a colaborar co Grupo de Investigación na Avaliación e Calidade Educativa (GIACE) da Universidade da Coruña.

Luisa Losada Puente, personal investigador do Programa de Doctorado en Equidade e Innovación en Educación de dita Universidade, está a realizar un estudio titulado “A Autodeterminación na adolescencia e transición a vida adulta de persoas con discapacidade intelectual e outras alteracións do desenvolvemento”.


A finalidade do estudio e a avaliación do nivel de autodeterminación dos adolescentes atendendo a análise de factores persoais e de contexto socioeducativo que poden asociarse ao seu desenvolvemento, así como a medida da calidade de vida destes mozos.

O pasado mércores día 27 comezou a recollida de opinións e información, a través de dous cuestionarios, aos rapaces do Colexio en idades de 11 aos 19 anos.

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas