Aula de estimulacion multisensorial no Servizo de Adultos do San Xerome Emiliani

WP_20141013_005O pasado luns  dous de maio cumpríronse dous anos da posta en marcha da sala multisensorial do San Xerome Emiliani, sendo un dos primeiros centros en Galicia con este tipo de recursos terapéuticos. Aínda que, principalmente é un espazo que se vinculou á estimulación sensorial con poboación infantil, no San  Xerome Emiliani apostamos tamén por unha intervención na etapa adulta para lograr obxectivos como:

 

  • Conexión co entorno: persoas gravemente afectadas e con niveis de alerta de atención moi baixos comezaron a reaccionar ante diferentes estímulos, estes aprendizaxes puidéronse extrapolar a outros contextos.
  • Persoas con grandes espasticidades (rixidez nos músculos e dificultade para mobilizalos) puideron experimentar sensación de relaxación muscular e gran mobilidade. 
  • Persoas que sofren estereotipias motrices (movementos repetitivos) deixaron de moverse e foron capaces de concentrarse cun estímulo e interactuar. Ademais, persoas que non experimentaron movementos voluntarios oculares conseguiron seguir visualmente estímulos moi concretos durante segundos.
  • Melloras en alteracións de conduta: reducíronse os episodios de condutas problemáticas grazas a sesións de relaxación e ó entorno controlado que nos proporciona a sala.
  • A comunicación é unha das grandes áreas potenciadas, xa que persoas sen linguaxe verbal aumentaron a comunicación emitindo diferentes sons, gargalladas, algo que noutros contextos non se soe dar; puideron comunicar as súas eleccións e necesidades grazas á simplificación do seu entorno, ademais de visibilizarse gustos e intereses non tan fáciles de detectar.

DSCF0048 (1) DSCF2692 DSCF2704 IMG_20151005_134016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A incorporación deste tipo de terapia, permitiu que estas persoas en etapa adulta puideron traballar as súas capacidades físicas e cognitivas, mellorando a súa calidade de vida.

 

20160302_123938

IMG_20141118_153102

20160302_131513

20160309_103238

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas