ASINAR A ADHESIÓN O PROXECTO DE ACCESIBILIDADE. “UN BAIXO MIÑO PARA TOD@S”

Despois duns meses traballando no proxecto de accesibilidade nos concellos do Baixo Miño, o xoves 1 de decemrbro do 2016, dispuxémonos a formalizar o traballo en conxunto, asinando o protocolo de adhesión “Un Baixo Miño para Tod@s”.

Neste acto acompañáronnos  a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez;  a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de servizos sociais do Rosal, Mª Carmen Alonso. O alcalde de Tui surxiulle un compromiso de última hora que lle impediu participar na firma o día de hoxe. Tamén nos acompañou neste día a precursora do proxecto en Nigrán, Mari Santos a través de Un Nigrán para Tod@s.

img_20161201_111632 img_20161201_111558 img_20161201_111515

O proxecto de accesibilidade “Un Baixo Miño para Tod@s”, consiste en traballar de maneira conxunta mediante a observación e análise co fin de presentar propostas para facer máis accesibles os edificios oficiais tanto a nivel físico como a nivel cognitivo. Non so falamos da accesibilidade física senón que tamén temos especial consideración polas barreiras cognitivas (orientación espacial no concello, acceso á información e comprensión da contorna e dos seus elementos).

Para a efectividade deste protocolo asinado, os concellos comprometéronse a facer seus os retos e preocupaciónes do proxecto “Un Baixo Miño para tod@s”; a apoiar e difundir os valores do proxecto, participar de forma activa no seu desenvolvemento e implementación.

Por parte da asociación San Xerome contamos coa colaboración dalgúns dos usuarios e profesionais integrantes dos equipos de traballo de campo desempeñado nos concellos. En representación da Asociación, asinou o protocolo Asunción Dacuña Pacheco, presidenta de San Xerome Emiliani.

img_20161201_112607                                img_20161201_111927      img_20161201_112634                                img_20161201_112701

Na clausura do acto tivemos a oportunidade de degustar pinchos que preparou o taller de cociña do servizo de adultos, dando por rematado dunha maneira distendida esta xornada.

 

 

img_20161201_113526                                                     img_20161201_113632

 

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas