Asamblea Multitudinaria de familias no San Xerome

A Consellería de Educación abonou   os meses de maio e xuño correspondentes o mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de traballo  fixo efectiva  a  cuantía pendente do mes de  xuño do Centro de Dia e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou  o Coste salarial do ano 2011, e o pendente do ano 2012,   do Centro especial de emprego de xardinería  (Empresa constituida no ano 1998, que da traballo  a 17 persoas con discapacidade).

Diante desta nova situación,  acordouse por unanimidade desconvocar a movilización  de protesta prevista para o sábado 25 de agosto na Guarda, e seguir en alerta con respecto a evolución dos pagos para que non se produzan novas demoras.

Fíxose  tamén un chamamento a unidade de acción, con outras entidades de Fademga  coa mesma problemática, e a participación activa  de tódalas familias nos actos que se convoquen.

Por último  Xosé Carlos  González Blanco, Director do Centro, fixo unha breve  reseña do próximo Curso, e informou a tódolos presentes a sua decisión de  deixar a Dirección  a partir do mes de setembro, desenrolando a partir desa data   exlusivamente as tarefas como Psicólogo.  Decisión xa aprobada pola Xunta Directiva  e informada  ós traballadores do Centro.
Baseuse  para a toma desta decisión, en cuestións persoais, xunto coa falla de confianza  amosada por algúns traballadores e familias, o cansancio de 32 anos  de intenso traballo (nos últimos 12 anos compartindo a tarefa directiva co Xerente Feliciano Valcarcel),  e a necesidade do relevo para que  persoas con forzas para  continuar a loita en contra da marxinación das persoas con discapacidade  poñan en práctica  o Plan estratéxico,  proxecto de futuro do San Xerome, elaborado durante o último ano polos sectores implicados no  funcionamento do Centro.

A Guarda, 20 de agosto de 2012

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas