ASAMBLEA ANUAL DE SOCIOS

A Asamblea terá lugar nas instalacións da Asociación S. Xerome Emiliani, o  próximo sábado 31 de  maio as 17 h. en primeira convocatoria e as 17, 30 h. en segunda convocatoria.

xeromeAF CARTELES SX

 

 

 

 

Camiseta I O SXAF CARTELES SX

 

 

Estimad@s Soci@s:

O sábado 31 de Maio , ás 17:00 h. en primeira convocatoria e as 17:30 h. en segunda convocatoria terá lugar a

Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome Emiliani.

A orde do día da Asamblea será a seguinte:

1- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
2- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de contas.
3- Comunicación da memória de actividades 2013,
proxectos a realizar no 2014.
4- Rogos e preguntas.

Un saúdo.
Asdo. José Ricardo Pravio Calvo
Secretario

 

Para o coñecemento de todos os socios vos comunicamos que os proxectos que estamos a desenvolver para este curso, a maiores das actividades que facemos diariamente no centro, son:

1.- Formación profesional para 9 alumnos do centro educativo en “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” en colaboración coa consellería de educación e Fademga. Trátase dun proxecto piloto que ofrece unha formación profesional acreditada a xóvenes con discapacidade intelectual.

2.- Formación como “Operación básicas de pisos en aloxamento” para 14 persoas con discapacidade intelectual mayores de 21 anos. Formación que acredita a estas persoas a desenvolver este traballo en hostelería. Este proecto está financiado por FUNDOSA.

3.- Posta en funcionamento dunha sala multisensorial construida no noso centro coa financiación da FUNDACIÓN CARREFOUR (30.000,00 €) e a colaboración do ANPA do centro ”Joaquina Sobrino”, que nos ofrecerá un montón de posibilidades de axudar a medrar os nosos usuarios.

4.- Consolidación do proxecto de DEPORTE E INTEGRACIÓN a través do club ROBALEIRA e SOCIEDADE ATLÉTICA do TREGA.

5.- Proxecto de reforma das instalacións de Centro educativo e espacios comúns.

 

 

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas