Un grupo das Unidades educativas visitou hoxe a Exposición “Days of the Dinosaur” en Vigo. Exhibición de Dinosaurios a escala real que percorreu máis de 20 países.
Os visitantes do S. Xerome, tiveron hoxe a oportunidade de vivir unha experiencia fora do común, viaxando cara o pasado (65 millóns de anos atrás) cando os Dinosaurios gobernaban o globo terráqueo.
Graciñas a Ana Paula García, da empresa organizadora, pola xestión realizada.