Arrancamos o curso de xeito oficial!

Reunión coas familias.

Un ano máis comezamos o curso escolar cargados de ganas, de ilusións e de novos proxectos (aínda que xa arrancamos o curso o pasado día 12 de setembro, parece que non se fai dun xeito oficial ata que nos reunimos todos e nos damos a benvida).

Entre as novidades de este ano temos a Alba, que dende este curso é a orientadora-psicóloga e xefe de estudos do noso centro.

Onte tivemos a oportunidade de concretar informacións relativas ao comezo de curso como os horarios de atención ás familias das diferentes titoras e outras cuestións de tipo organizativo (xustificantes de asistencia, datas das avaliacións trimestrais e das entregas de informes ás familias, etc.). Tamén tivemos tempo de charlar un pouquiño con cada un de vós, o que foi un pracer.

Grazas pola vosa presenza e os nosos mellores desexos para o xa oficial curso 2016-2017.

Recordade que estamos á vosa disposición.

Xuntos construímos!

 

dsc06155 dsc06156  dsc06158

dsc06157               dsc06165

dsc06179

dsc06170dsc06185

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas