APRAZASE , O II CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN

A climatoloxía adversa , as malas previsións e o estado do Circuito, inundado polas choivas, obrigan a organización a tomar a decisión do aprazamento do  “II Campo a través pola integración”, previsto para este domingo dia 9.

Lamentamos o trastorno ocasionado os case 200 inscritos  na Competición,  que tiñan programada a sua participación.   Agardando que mellore a climatoloxía, informaremos oportunamente da nova data , mantendo os mesmos horarios e o mesmo Regulamento.

Ampliamos ata o 20 de febreiro o plazo de Inscripción,  desexando que os xa inscritos poidan estar presentes ese dia no Circuito do Cámping Santa Tecla.

 

As imaxes corresponden a situación actual de  3 zonas do Circuito.

IMG_20140208_105851

IMG_20140204_173532 IMG_20140204_173705

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas