ANO MÁXICO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB DEPORTIVO S.XEROME

Está a piques de rematar a presente tempada do Club deportivo S. Xerome. Apenas restan unhas cuantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença, Carreira de Amorín …), pero xa podemos calificar como brillante o balance final.
Os resultados non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano con adestramentos moi esixentes loitando contra vento e marea. Noraboa polo tanto os atletas polo seu esforzo, e os adestradores voluntarios enormes GRACIAS pola sua entrega e actitude solidaria. Mención especial a Sociedade atlética do Trega, que nesta sua nova andaina, está a realizar cos nosos atletas unha importantísima labor de integración a través do deporte. Antigo obxectivo, que tan só é posible conquerir gracias a consonancia na filosofía deportiva dos dous Clubes: Trega-S.Xerome.

E importante lembrar que existen 3 categorías nas probas organizadas polas Federacións galega (FEGADDI), e española (FEDDI) de deporte para discapacitados intelectuais:
• Categoría de competición: máxima categoría. Os gañadores/as, proclamanse campións Galegos e de España das respectivas especialidades.
• Categoría Adapatada: a normativa adaptase os participantes.
• Categoría de Xogo/Habilidades deportivas: as probas teñen un carácter participativo.

Tendo en conta estas premisas e as condicións físIcas de cada deportista realizaronse adestramentos individualizados durante o ano, combinando o traballo nas Pistas de atletismo do Estadio da Mata (O Rosal) , co realizado no velódromo das Eiras (O Rosal).

Centrandonos nas duas últimas competicións específicas, organizadas polas Federacións galega e española de deporte para persoas con discapacidade intelectual, destacar a progresión experimentada nos últimos anos dos nosos atletas, así como o inicio da renovación xeneracional coa incorporación de deportistas máis novos.

Os resultados non deixan ningún xénero de dúbidas, 12 medallas no Campionato galego celebrado en Vilagarcía; e 9 no Campionato de España celebrado en Badajoz (as únicas medallas “galegas” da competición). Estes resultados sitúan o noso Club como 5º mellor Club (homes), e 6º mellor Club (mulleres), no Ránking da Federación Española (FEDDI).

Resumen dos resultados destas últimas competicións (medalleiro):

Campionato galego de atletismo (Vilagarcía).
• Categoría de competición:
– María F. García: 1ª en lanzamento de peso e xavelina
– Luis Antonio Sández: 1º en 3.000 m. e 2º en 800 m.
– Borja Cadilla: 2º en 1500 m. e 3000 m.
– Maite Santos: 1ª en 400 m. e 3ª en 800 m.
– Fabio Martínez: 2º en lanzamento de xavelina, e 3º en lanzamento de peso.

• Categoría Xogo:
– Rosa María Alvarez: 1ª en 400 m.
– Celia López: 3ª en 150 m.

Campionato de España de atletismo (Badajoz).
• Categoría de competición:
– María F. García: 2ª en lanzamento de peso e disco, 3ª en lanzamento de xavelina
– Fabio Martínez: 2º en lanzamento de peso, 3º en lanzamento de disco e xavelina

• Categoría adaptada:
– Maite Santos: 1ª en 800 m. e 400 m. 2ª en lanzamento de peso

 

IMAXES CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO (VILAGARCÍA)

IMG-20140604-WA0002 IMG-20140604-WA0029 IMG-20140604-WA0030 IMG-20140604-WA0023 IMG-20140604-WA0012 - copia IMG-20140604-WA0009 - copia IMG-20140604-WA0013 - copia IMG-20140604-WA0020 IMG-20140604-WA0016 - copia IMG-20140604-WA0031 IMG-20140604-WA0027 IMG-20140604-WA0014 - copia IMG-20140604-WA0021 IMG-20140604-WA0015 - copia IMG-20140604-WA0017 (1) - copia IMG-20140604-WA0010 (1) - copia IMG-20140604-WA0018 - copiaIMG-20140604-WA0018 - copia

 

IMAXES CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO (BADAJOZ).

 

Bnq6TBcIgAAVZa3.jpg large BnyOI3uCAAABYLi.jpg large BnyR2o1CEAAdk-Q.jpg large Bnq20iDIAAAuiRq.jpg large BnyOoJiCAAAC4Lv.jpg large BnyO-rBCYAAeGRN.jpg large Bnq2jf8IEAAKMty.jpg large BnrtNZfIUAAu7c9.jpg large BnsxH5UIcAAPpMV.jpg large BnyP80aCIAA69_U.jpg large BnrtjhSIIAEQJIf.jpg large BnrYUUNIcAAW9rC.jpg large BnsYUvnIcAAkOtr.jpg large Bnq3GHBIMAAEKFu.jpg large

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas