Adestramento Atletismo. Xabalina e relevos.
A vindeira semana afrontamos dúas das competicións máis importantes do ano o Campionato de España de Atletismo en Aire libre en Santander, e o Campionato galego da mesma disciplina que se vai celebrar en Vilagarcía.

O caprichoso calendario fai que o Campionato Galego se dispute o mércores 27, e que ao día seguinte saiamos a Santander a disputar o Campionato de España, o venres 29 e sábado 30.


Ademáis, sumaremos a estas dúas participacións, a VII Carreira Popular pola Integración de Amorín, onde disputaremos un partido de baloncesto, e recorreremos uns quilómetros nunha das andainas que teñen programadas.
Os rapaces do Club levan unhas semanas de duro adestramento, e xa se nota nalgúns o desexo de competir. A vindeira semana informaremos de como nos foi, iso sí, en ilusión e traballo xa temos medalla.



  

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas