Actvidades Complementarias. Pleno Escolar no Concello da Guarda
O día 7 de Decembro un grupo das aulas 4, 5 e 6 participaron no pleno escolar realizado no Concello da Guarda en conmemoración do día da Constitución. Esta práctica xa é habitual neste Concello, xa que se ven realizando dende hai moitos anos.
 
Nesta ocasión participamos xunto co CEIP A Sangriña, o CEIP Solanas e CEIP Manuel Rodríguez Sinde.

Cada centro representou a un grupo de goberno que levou unha moción para presentar a Alcaldía, nesta ocasión representado polo CEIP Solanas. Éstes tamén levaban una proposta que era a regulación do tráfico na Alameda.

O CEIP Manuel Rodríguez Sinde levou a proposta de mellorar as infraestructuras na escola de música, pavillóns e diversos firmes. O CEIP A Sangriña propuña a mellora na rede wifi na Guarda. Dende o noso centro propuxemos una adaptación da profundidade da piscina municipal.

 

Ao rematar as mocións deuse paso aos “rogos e preguntas” nos que cada centro realizou dúas preguntas dende o público asistente. 
 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas