Actividades extraescolares. Visita a Balaídos partido RC Celta de Vigo vs Xetafe FC

O venres pola noite ás 20:00h disputouse en Balaídos o partido entre o RC Celta de Vigo e o Xetafe FC.


Grazas a xestión de Special Olympics Galicia e a Fundación Real Club Celta de Vigo, un grupo de alumnos do CEEPR San Xerome Emiliani acudiron de balde ao partido.

Unha das actividades extraescolares que máis motiva aos alumnos son os partidos de fútbol do RC Celta. Unha saída que permite compartir un momento de lecer cos compañeiros, nun ambiente multitudinario, fóra do habitual, lonxe do entorno máis cotidiano, e ademáis, aqueles que son afeccionados ao fútbol lles permite acceder a un partido de Primeira división.
 
O grupo de escolares desprazouse dende o Colexio, e foron recollidos polas diferentes paradas preto dos seus domicilios polas monitoras e apoios correspondentes. En Balaídos, se lles facilitaron as entradas e bufandas para ambientar a visita. Tralo partido tiveron a oportunidade de retratarse con algún dos xogadores. Unha noite longa e intensa.
(preme na foto para vela máis grande)
 
  
 
  
  
 
   
  
  
  
  
  
 
 
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas