Actividades Extraescolares. Imos ao Cine.
Con motivo da promoción da “Festa do cine”, aproveitando que as entradas tiñan un custo de 2,90€, este mércores 4 de novembro, repetimos a actividade de ir a unha sala de cine coma no pasado curso.
Partimos dende o Colexio ao rematar a xornada escolar (ás 16:00h), sete rapac@s e dúas profesionais, rumbo ao centro comercial Gran Vía. Xa tiñamos reservadas as entradas, así que logo de recollelas, fomos ao supermercado Carrefour, para escoller as consumicións para cada un, algo para beber e algo para picar durante a peli.


Disfrutamos moito da película “Pan. Viaje a nunca jamás”, unha historia de aventuras e efectos especiais, moi entretida e emocionante.
 
O ocio é unha parte fundamental para o benestar físico e psicolóxico das persoas. Dentro das nosas posibilidades e como parte do Proxecto educativo de Centro, procuramos realizar actividades de ocio e disfrute, como medio de inclusión e benestar persoal de cada alumno. 
 
Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas