Actividades Extraescolares. Imos ao Cine
Con motivo da 8ª promoción da Festa do cine e aproveitando que as entradas tiñan un custo de 2,90, este xoves 14 de maio, poidemos organizar unha actividade de ocio que, dende hai un tempo tempo, moitos dos nosos alumnos viñan demandando.

Partimos dende o Colexio ao rematar a xornada escolar (ás 16:00h), sete rapac@s e dúas profesionais, rumbo ao centro comercial Gran Vía. Xa tiñamos reservadas as entradas, así que logo de recollelas, fomos ao supermercado Carrefour, para escoller dúas consumicións para cada un, algo para beber e algo para picar durante a peli.

Unha vez comprobado que non nos saímos do presuposto acordado, cada alumno fixo cargo da súa conta e pagando directamente as súas consumicións.

Disfrutamos moito da película “Un super poli en las Vegas”, tendo en conta que para a maioría deles era a primeira vez que acudían a unha sala de cine, a experiencia ademáis de novidosa foi moi satisfactoria.

O ocio é unha parte fundamental para o benestar físico e psicolóxico das persoas. Dende o Centro se intenta apoiar ás saídas á Comunidade en todo momento, realizar actividades de ocio e disfrute, como medio de inclusión e benestar persoal de cada alumno. Como actividade extraescolar, a realización das saídas vai en función da dispoñibilidade de apoios e da oferta axeitada ás demandas dos nosos alumnos.

Esperamos poder repetir esta actividade, e outras, en futuras ocasións.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

(Clica nas fotos para velas máis grandes)
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas