Actividades extraescolares. Deporte con Óscar
Óscar practica atletismo, ten moi boas maneiras, gústalle moito correr e competir. Ademáis participa das outras disciplinas que ofrece o Club. Tódolos martes pola tarde e o sábado pola mañá reúnese cos seus compañeiros do Club Polideportivo San Xerome Emiliani. 

Os monitores deportivos axustan cada adestramento as características físicas e persoais de cada deportista, e por suposto, respetando en todo momento as súas preferencias e gustos.

Os alumnos do Colexio teñen a posibilidade de practicar varios deportes a través do Club Polideportivo: atletismo, baloncesto, remo e natación. E a partir da vindeira tempada fútbol e fútbol sala. Ademáis se lles da a oportunidade de participar en competicións a nivel autonómico, nacional e internacional.

Co deporte os alumnos gañan autoestima, autorregulación, autocontrol, autonomía e hábitos de vida saudables. É un importante motivador, axuda a regular a conducta, lles axuda a marcarse un obxectivo e traballar para a súa consecución, polo que gañan responsabilidade sobre as súas accións. Estimula a comunicación e mellora as relacións sociais dos rapaces.

O Club dispón do seu propio blog informativo, onde podedes consultar as novas de interese sobre adestramentos, competicións e outros acontecementos: 

http://sanxeromedeporte.blogspot.com.es/

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas