Actividades Extraescolares. Campamento 2015. Concerveiras Goday e Apípolis (Parte 3 de 3)
O sábado pola mañá erguémonos con moita forza e ilusión, para pasear polo porto de Vilanova e facer a nosa segunda visita cultural, as Antigas Conserveiras de Goday. Alí nos explicaron, como se desenvolveu a industria conserveira da zona, que chegou a ser unha das máis importantes de Europa.

Tralo xantar no Albergue das Sinas, despedímonos do persoal agradecéndolles a súa atención, sobretodo a Isaac, o cuidador das instalacións e que estivo atento a nosa visita. Pola tarde chegou o momento máis interesante e divertido do campamento, a visita a Apípolis.
Xa en Pontevedra acudimos as instalacións deste Centro para a Comprensión do mundo das abellas e a súa relación co medio. Do mundo das abellas poidemos ver cómo viven, se reproducen cómo se organizada, e a súa importancia para o medio natural. Unha visita de “medo” na que rimos, aprendemos, nos asustamos, probámo-la mel, fabricamos velas, e en definitiva sentimos unha experiencia novidosa para todos nós.

(Clica na foto para vela máis grande)


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas