Actividades Complementarias. Terapia asistida con animais
O pasado venres día 4 realizamos unha nova sesión de traballo de terapia asistida con animais. Unha xordana lúdica e de aprendizaxe, dentro do Programa Graña Saúde enCANtados da Deputación de Pontevedra, levado a cabo pola empresa “Con.tacto gabinete psicopedagóxico”.

 

A intervención asistida con animais é unha forma de mellorar a calidade de vida das persoas a través da relación directa cos animais. Neste caso cans seleccionados e adiestrados para este tipo de labor.

Iniciamos a actividade co grupo da mañá dos venres que non acude á piscina. Viñeron Ada e Trasto, dous golden retriever, que fixeron moi boas migas cos nosos rapaces. Nunha primeira toma de contacto, os cans pasaron por todos os rapaces para que o agariñasen e lles poidesen dar de comer unha bolechiña. Despois lanzáronlle bolechiñas, levaron coa correa os cans pasándollos entre compañeiros, os puxeron guapos con pinzas, lazos e colares, e fixeron un desfile paseándollos por todo o ximnasio.
 
Un dos aspectos traballados na dinámica foi a atención, manexo da espera e execución de ordes. Unha experiencia moi gratificante e que abre as posibilidades de traballo cos nosos alumnos.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas