Actividades Complementarias. Saímos a vendimar.
O día 17 de setembro  un  grupo  de alumnos  desprazouse  ao entorno rural  para gozar dun día de  campo  e  participar  nas  tarefas  de vendima.

Para repoñer forzas despois de vendimar tomamos a nosa merenda, xunto co pracer de experimentar do sabor doce das uvas recén cortadas e a frescura das mazás albariñas recollidas directamente na árbore. 


O lugar que visitamos permitiunos ver por vez primeira coelliños recién nados e acaricialos, (só tiñan oito días!), recoller ovos das galiñas, tocar os coellos adultos, mirar os parrulos,… A actividade da vendima converteuse nunha saída ao entorno rural onde gozamos: dos raios do sol, os arumes do campo, o sabor natural dos saborosos froitos, o traballo conxunto, … e sentimos que o outono xa o temos moi preto.

Toda unha experiencia para os nosos sentidos que poidemos vivenciar grazas a Flora, que moi amablemente nos abriu as portas da súa casa e permitiunos gozar desta experiencia.
(premer na foto para vela máis grande)

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas