Actividades complementarias. Saídas ao entorno
Os alumnos da aula 2, ao longo deste presente curso 2015-2016, teñen prevista realizar unha saída ao mes para experimentar e vivenciar o noso entorno. 


Éste luns tivemos a correspondente ao mes de Setembro, dentro da unidade didáctica que estamos a traballar este mes, a Estación do Outono.  


Saímos do cole cara o parque do “Montiño”, situado preto do noso Centro. Alí recollemos moito material para traballar estes días na aula: follas, paos, ourizos, fruma,… con todo isto imos facer unha caixa sensorial para traballar o tacto e o olfato, e tamén facer un mural que xa temos medio empezado do outono.

Como podedes comprobar nas fotos, o tempo quixo acompañarnos, polo que esta saída resultou moi agradable.

(premer na foto para velas máis grandes)

 

 


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas