Actividades complementarias. Remo Ergómetro
Unha das actividades complementarias máis novedosas e que agardamos se consolide este ano dentro do Proxecto Educativo do Colexio San Xerome é a actividade de Remo ergómetro.


Grazas a un proxecto conxunto co Club de Remo Robaleira (A Guarda), os rapaces que o desexen poden formar parte deste. E adestrar nas instalación que teñen no Porto da Guarda dentro das actividade complementarias do Proxecto educativo.

Esta semana reanudamos os adestramentos no que polo momento participan dous alumnos Miguel Ángel e Fabián Santos, e xa estamos a traballar na posibilidade de que se incorporen máis alumnos. As actividades complementarias que conlevan aspetos de traballo físico e convivencia no exterior con compañeiros do Servizo de Adultos, ademais de fortalecer o seu estado físico e os hábitos saudables, axúdalles a regular a súa conducta e incorporar rutinas. Estimula a súa comunicación e mellora nas relación sociais, adquisición de conciencia de grupo e reforza os lazos de amizade e apoios entre compañeiros, e demais membros do Club.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas