Actividades Complementarias. Piscina
O pasado venres día 9 iniciamos a tempada da actividade de piscina, todas as semanas acudiremos a Valença onde una boa parte dos rapaces gozará do contacto coa auga.

A actividade de piscina lévase a cabo gracias, ademáis do persoal do Colexio, á colaboración de ATSA que nos facilita o transporte de balde, á Piscina Municipal e da Cámara Municipal de Valença facilitándonos o acceso, e a Juanjo coma monitor e Santiago coma voluntario.
  
As actividades acuáticas adaptadas potencian a autoestima e mellora a calidade de vida dos rapaces con autismo e outros trastornos xeralizados do desenvolvemento. No medio acuático melloran a súa movilidade, sendo capaces de experimentar sensacións e capacidades motrices que no medio natural non poderían.

A metodoloxía e principalmente lúdica, a través de xogos e exercicios que os estimulen, activen ou relaxen dependendo da actividade, promovan a interrelación entre eles, etc.

(Premer na foto par velas máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas