Actividades Complementarias. Novas experiencias. Museo Marco, Vigo.
A longo deste mes, realizamos dúas visitas con sendos grupos á exposición das obras de María Luisa Fernández (Villarejo de Órbigo, león, 1955), neste museo.Esta exposición plantexa un percorrido polo seu traballo no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata o día de hoxe, non foron amosadas de maneira retrospectiva.
Tratase de un arte minimalista, alí poidemos apreciar como de cousas moi sinxelas (palés de madeira, táboas…) pintadas de bermello, cores cálidos, dourados, marcos de cadros, etc.) ésta autora sacou grandes obras, coma a que representa os corenta títulos da Duquesa de Alba, a separación das augas do mar roxo, etc.
Tamén se nos deu a oportunidade de facer algo cos restos dun marco de fotos de porispan, e a verdade que saliron obras moi bonitas. A unha  delas o autor púxolle por título  “O cadro das cores rotas”. Algúns dos participantes decidimos deixar alí as obras para a súa  exposición ao público. 
Foi unha experiencia moi interesante que rematou degustando un picnic  na praia de Samil…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas