Actividades Complementarias. Imos á piscina con Dani
Os venres imos a piscina, a Dani lle encanta a auga, as sensacións que se experimentan. É un medio onde se desenvolve con total liberdade. Xunto cos seus compañeiros acudimos ás instalacións da Piscina Municipal de Valença. 

Antes diso temos que preparar a roupa, comprobar que temos todo (bañador, chancletas, gafas, gorro, toalla, champú e muda limpa)e organizarémo-la mochila. De camiño no autobús repetirémoslle ás monitoras a onde imos ir hoxe: Piscina. 


Alí con Juanjo (monitor de natación) faremos exercicios de coordinación, brazos e pes, sumerxerémonos e aguantaremo-la respiración, xogaremos coa pelota, lanzarémonos do trampolín. Ademáis compartiremos a experiencia cos compañeiros, formaremos parte do grupo sen sentir dificultades de comunicación e integración. En definitiva pasarémolo moi ben.

Este venres 22 será o noso último día por este Curso escolar. Queríamos agradecerlle o trato e a colaboración que tivemos en todo momento por parte do persoal da Piscina Municipal e da Cámara Municipal de Valença. Obrigado. E tamén a Juanjo a súa dedicación e agarimo ao traballo cos rapaces, a Santiago, voluntario que nos axuda nos apoios necesarios para levar a cabo a actividade, e a Empresa de Autobuses ATSA que nos ofrece o transporte de balde ata Valença. A todos vos, Moitas Gracias.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


(Clica nas fotos para velas máis grandes)


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas