Actividade Física. Remo con Fabián Santos

Unha das disciplinas que desenvolve o Club Deportivo, é que forma parte do Proxecto Educativo do Centro San Xerome, é a de Remo. Grazas a un proxecto conxunto co Club de Remo Robaleira (A Guarda), os rapaces que o desexen poden formar parte deste. E adestrar nas instalación que teñen no Porto da Guarda.



O Club de Remo Robaleira cédenos as instalacións e o seu coñecementos para que os nosos alumnos, aprendan e practiquen. Comezan co Remo Ergómetro, disciplina en seco que lles apoia na súa aprendizaxe, e logo co tempo, teñen a oportunidade de formar parte da tripulación dun batel, embarcación de catro prazas e un patrón que se despraza en auga.


Fabián xunto con Miguel, son dous alumnos do Colexio que acuden todos os xoves a adestrar en horario lectivo cos demáis membros do Club. Alí fan os exercicios de quencemento, practican co remo ergómetro e de cando en vez, poden probar o simulador de batel .

Con este tipo de Actividades, ademais de fortalecer o seu estado físico e os hábitos saudables, axúdalles a regular a súa conducta e incorporar rutinas. Estimula a súa comunicación e mellora nas relación sociais, adquisición de conciencia de grupo e reforza os lazos de amizade e apoios entre compañeiros, e demais membros do Club. 

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas