Actividade de Cociña con Marta
A Actividade de cociña comeza na Aula. Primeiro buscamos unha receita en internet, falamos da nosas preferenzas, lemos a receita e facemos a lista da compra dos ingredientes que precisamos. 
Acudimos ao mercado, e realizamos a compra, explicándolle a caixeira que hoxe imos facer galletas. Tras pagar e gardar ben o ticket, imos a cociña onde lavaremos as mans, prepararemo-los ingredientes: contar, pesar, cortar, batir, amasar,… 
Unha vez cociñamos as galletas, recollemos todo e deixamos ben limpa a cociña.
Agora ben o mellor momento, a degustación…
De regreso a aula, escribímo-la receita, revisámo-lo ticket da compra para saber os euros que gastamos, debuxamos ou coloreamo-lo noso prato, e finalmente facemos unha valoración do saudable que é a nosa elaboración.
As experiencias na Actividade de Cociña permítenos traballar aspectos tan variados que van dende a comunicación lingüística, matemáticas, educación artística ata a adquisición de hábitos que inflúan nunha vida saudable, alimentación variada e equilibrada, a hixiene persoal, limpeza e responsabilidade no traballo.
A comprensión e o respecto nas relacións interpersoais.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

















Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas