Actividade de Cociña. Aulas 4, 5 e 6.

A actividade de cociña pertence o que nos lle chamamos habilidades do fogar. Nas habilidades do fogar traballamos diferentes tarefas domésticas encamiñadas a que o alumno adquira a maior autonomía posible.

Neste período do curso enfocámolo a cociña de diferentes países do mundo. Seleccionamos unhas receitas (en cada sesión unha diferente) sempre tendo en conta  as suxerencias dos alumnos.  A actividade estruturámola en varios pasos: investigación dos ingredientes precisos para podela levala a cabo, imos á cociña e ver se os hai ou se hai que mercalos no supermercado, confeccionamos a lista da compra por parte dos alumnos.Despois damos paso a elaboración da receita onde manipulamos os diferentes alimentos, os preparamos de forma axeitada para poder levar a  cabo a receita en concreto (cortar, pelar, raiar,esmagar, expremer, bater,….), despois  cociñamos,  ben sexa fritir, cocer, asar e ao rematala degustamos a receita. Isto todo supón unha utilización axeitada dos diferentes tipos de utensilios, electrodomésticos, mantelos limpos…. Ao remate a  cociña sempre  ten que quedar limpa e recollida (louza lavada, secada, gardada, barrida, fregada…).

Despois facemos unha ficha revisando a procedencia do país dareceita en concreto, onde está, que idioma se fala, que costumes teñen…todo isto apoiándonos na internet. Atopamos nesta actividade unha vía para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, os aprendizaxes tales como manipular euros, diferentes alimentos, saber utilizar pequenos electodomésticos, usar medidas tales como a báscula, a xarra medidora, calcular cantidades …permiten o alumno avanzar cara os resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia para así poder lograr os obxectivos de lectura cálculo, manexo de cartos…

COCONETES 2 (5)filloas (1)IMG_652520160120_113440IMG_3764 P1030462 filloas (10) filloas (13) filloas (14) filloas (18) filloas (37) filloas (38) IMG_3777IMG_3796IMG_3799IMG_3804IMG_4821IMG_4835IMG_6314IMG_6327IMG_6333
           IMG_6337 IMG_6359  IMG_6529 IMG_6535 IMG_6540 IMG_6546 IMG_6551 IMG_6554 IMG_6563 IMG_6567 IMG_6574 IMG_3925IMG_3794

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas