Actividade de Aula.Obradoiro Artístico
Coa finalidade de facer un festival polo Nadal tivemos unha primeira reunión os profesores e alumnos que participamos neste obradoiro, e alí cadaquen aportou as súas ideas.
 
 
Éstas levámolas posteriormente ao claustro de profesores e as comentamos cos demais alumnos, unha vez aprobadas por todos, comenzamos a traballar.

Cada profesor  fíxose  cargo dunha actividade e a leva a cabo cos rapaces de distintas aulas, a que libremente lles apeteza participar: confección de decorados, presentación, conto de nadal, panxoliña, escenificación, baile,… (coa condición de que todos participen nalgunha).

Os obxetivos traballanse de xeito globalizado  tendo en conta, por unha banda, os contidos das distintas áreas de traballo: comunicación, tics, motricidade fina e grosa, respecto polos demais, autoestima, mellora das conductas disruptivas, desenvolvemento do gusto pola interpretación, a músic, etc. E por outra as  características personais  dos alumnos a nivel físico,  emocional, conductual… individualización). No vindeiro Festival de Nadal, o xoves día 17, e compartido co traballo do Servizo de Adultos, poderán reflexar o esforzo de todos estes días.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

´
Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas