Actividade de Aula. Manexando os euros

Dentro da nosa programación de aula damos moita importancia o desenvolvemento da competencia matemática  para resolver cuestións da vida cotiá. O manexo dos euros é fundamental para favorecer a autonomía dos nosos alumnos e a súa integración na contorna.

Os obxectivos que tentamos conseguir son os seguintes:

  • Ler, escribir e ordenar números enteiros utilizando razoamentos apropiados.
  • Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá.
  • Iniciarse no coñecemento, no valor e as equivalencias, entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da unión europea, utilizándoas para resolver problemas tanto en situacións reais coma figuradas.
  • Expresar verbalmente de forma sinxela o proceso seguido na resolución dun problema cotiá.

A nosa metodoloxía basease no seguinte: ensinanza individualizada, descubrimentos guiados, o alumno protagonista da súa propia actividade, se é necesario a introdución se SAAC (sistemas alternativos de comunicación, uso das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación), traballo en equipo, aprendizaxes en contextos reais,…

As actividades que facemos para conseguir estes obxectivos son en distintos espazos:

Na aula

  • Manexar, emparellar, clasificar moedas e billetes
  • Contar euros
  • Sumar a conta do supermercado, da tenda de roupa,…
  • A tenda – rol playing – vendedor e comprador
  • Facendo na ficha de papel as contas do vendedor e do comprador
  • Utilizar a rede para facer actividades de calculo cos euros,…

Na contorna

  • Comprando no supermercado para a actividade de cociña.
  • Comprando no centro comercial.
  • Pagando a conta na cafetería, no restaurante,…

0 -P1030851 3 - P1030856 4 -P1030850 5 -2015-02-05 11.45.55 8 - _2015-02-10 13.24.43 14444444- P1030867 P1030834 P1030852 P1030858 P1030860 P1030868 P1030869 P1030871 P1030872 P1030877 P1030879 P1030880 P1030895 P1030896 P1030897 P10308981-20160114_125046 2 -20160120_131736 3 -FullSizeRender (92) 4 -IMG_20150522_121950 5 -P1030396 6 -P1030397 7 -P1030463 8 -P1030474 9 - P1030479 10 -P1030491

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas