Actividade de Aula. A data
Cada mañá coma primeira actividade na aula 6 facemos a Data, coa finalidade de estar ubicados nun tempo de xeito consciente, que nos axude a limitar o noso presente, pasado e futuro máis inmediato.


Con esta actividade pretendemos desenvolver as seguintes competencias: a lingüística, expresándonos de forma verbal , se é preciso coa axuda do comunicador. A matemática, utilizando os conceptos temporais e de medida: día, semana, mes, ano, temperatura maior e menor,… A dixital, usando as TIC para obter información sobre a temperatura. E aprender a aprender, facendo a tarefa de xeito individual por quendas,…
Sírvenos tamén para traballar os seguintes obxectivos: busca guiada de información en internet, observación e medición dos fenómenos atmosféricos nos diferentes medios de comunicación: prensa dixital,… Observación e relación coas 4 estacións, distemas de medida do tempo: uso do calendario, creación dun calendario propio, etc.Conceptos temporais básicos:día, semana, mes , ano. Usar os números ata 31: nome e a grafía
 
As actividades que facemos:
 
1. Por quendas cada alumno escribe no encerado a data.
2. Busca no calendario do día da semana,número de día, mes e ano.
3. No encerado escribimos os datos anteriores
4. Engadimos o tempo que fai, a estación na que nos atopamos
5. Busca no ordenador da temperatura que fai ou chamada por interfono a outra aula para preguntala.
6. Por tamén a temperatura no encerado para todos.
7. Cubrir cada un a súa folla de calendario propia con todos os datos
8. Dicirlle a profesora de xeito oral o que acabamos de completar, nun caso co comunicador.

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas