Acerca da ANPA Joaquina Sobrino

Os fins iniciais da  ANPA son:

– Colaborar co Centro para conseguir de forma óptima os obxetivos propios deste orientados á terapia, rehabilitación e o fomento de actividades de ocio e tempo libre dos alumnos.

– Asistir ós pais e titores en todo aquilo que atañe á educación dos seus fillos.

– Promover a participación das familias dos usuarios do Centro na Xestión do mesmo.

– Colaborar nas actividades educativas do Centro.

– Asistir ós pais dos alumnos no exercicio de seu dereito a intervir no Control e Xestión do Centro.

– Facilitar a representación e participación dos pais de alumnos no Consello Escolar.

As actividades a traverso das cales se intentan conseguir estes obxetivos son:

– Actividades formativas.

– Actividades de ocio e tempo libre.

– Actividades de atención ás familias en todo o que supoña un beneficio para atención ós seus fillos.

– Actividades de sensibilización.

– Actividades de ocio, culturais,  formación … e todas aquelas que fomenten  a unidade entre as familias e favorezan a integración social das persoas con discapacidade.

Respeito dos membros que forman parte da ANPA “Joaquina Otero”, na actualidade hai  40   socios con capacidade de obrar, todos eles electores  e elexibles para os cargos representativos e con voz e voto na Asamblea Xeral.

Para ser membro de ANPA  soamente é necesario:

1º. Ser pai, nai ou titor dun usuario/a do Centro San Xerome

2º. Dar os seus datos persoais para cubri-la inscripción

3º. Abonar a cuota de socio anual de 12 €

 

ANPA  2010 -2011

A Xunta Directiva 2010-2011 está formada por:

– Elena Otero Martínez (presidenta)

– Juan José Rial Rodríguez (vicepresidente)

– Sonia Barros Rodríguez (secretaria)

– Ana Mª Martínez González (tesoureira)

– Ismael Senra Dorado (vocal)

– Mª. Del Carmen Alvarez Pereira (vocal)

– Mª Esther Acal Rodríguez (vocal)

– Milagros Estévez Freijeiro (vocal)

– Flori Fernández Ozores (vocal)

– Fabiola Coedo Iglesias (vocal  –  representante elexida entre o persoal docente do Centro)

– Xosé Carlos González Blanco (vocal – director do Centro)

ANPA 2011

Contacto:

Poden poñerse  en contacto coa ANPA a traverso desta dirección de correo electrónico:    anpa@sanxerome.com

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas