A nosa horta.
A nosa Horta escolar é un terreno pequeno onde cultivamos froitas e hortalizas. Utilizamos tamén maceteros feitos con neumáticos. Este curso plantamos: fresas, cebolas e leitugas.

O traballo na Horta e moi laborioso, comezamos limpando o terreo, quitando todas as herbas malas, aboando o terreo e finalmente procedemos a plantar.

Trala plantación comezamos co rego que faremos con abundante auga, pero sin excedernos para permitir o crecemento das plantas. Finalmente, e con paciencia, tras un tempo recolleremos os frutos, que en ocasións utilizamos no noso taller de cociña. 

Con esta actividade fometamos o traballo en grupo, favorecendo a colaboración e a responsabilidade. Identificar os alimentos que proporciona a horta,. Distinguir as cores dos diferentes alimentos.
Directamente co traballo na terra procuraremos coñecer algúns dos traballos que se realizan na horta: cavar, sembrar, regar… Aprender a sembrar e coidar as plantas, coñecer e respetar os seres vivos que viven na horta, sentir o contacto directo coa terra, coñocer o nome, forma e uso das ferramentas.
(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


    Comentarios
    Compartir
    Xerhorta

    Publicacións relacionadas