A noite de San Xoán
O mercores 22 realizamos unha actividade con motivo do día de San Xoán. Esta actividade consistiu en introducir e contar a lenda que sobre esa noite maxica se coñece, buscar, oler,  recoñecer as herbas de San Xoán ou herbas do solsticio de veran.
Para conseguir as herbas os alumnos tuvieron que pasar varias probas:

A primeira proba encomendada consistiu nun “memory” das prantas (romeu, hiperico-herba de San Xoán, herba luisa, orégano, pétalos de rosa, fiuncho, menta…) para facelo e emparellar as imaxes tiñamos que todos estar collidos da man e coordinarnos.

A segunda proba consistía en collernos por parellas e entrelazando os brazos por detrás do lombo e logo darlle solución a tres adiviñas.

Na terceira proba cada un temos que dicir o nome dun companeiro ou profe num tempo mínimo.
A cuarta proba consitía en que unha profe ten que darnos pistas con xestos para poder completar un refrán.
A quinta, e última proba, e xa con ela conseguíamos o noso ramillete con todas as prantas de San Xoan… Consistía, por grupos, en resolver dous puzlles e así descubrir  “a coca” e a “maruxaina”. Unha vez resoltos, os nosos compañeiros Fabián Santos, Celia e Andrea leron para todos as lendas destes dous seres mitolóxicos.
Con todo demos por rematada a actividade e hoxe levaremos as prantas para as nosas casa para mañá día 23 poder facer a nosa propia auga de San Xoán.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas