5 medallas para o San Xerome

O Campionato tivo lugar o sábado 16-F, no incomparable Circuito do Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), organizado pola FEGADDI (Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual) coa colaboración  do Club deportivo S. Xerome.
Colaboraron ademáis a Deputación Provincial, os  Concellos  da Guarda e do Rosal,  o Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Agua Sana e o Catering Alessa. A megafonía  e animación do evento correu a cargo de Manolo Fajar.
Participaron perto de 120 atletas dos Clubes:  Aceesca (Porriño), Aspanaex (Vigo), Vilagarcía, Esclavas (Mos), Juan XXIII (Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San Xerome (A Guarda).
Nun dia espectacular,  cun  ambiente festivo,  desenrolaronse as probas seguindo o horario previsto. No acto de clausura estiveron presentes os Alcaldes da Guarda e O Rosal  asi como os respectivos Concelleiros de deportes, xunto co Presidente e Director Técnico da Fegaddi.
Subiron o pódium os seguintes deportistas do Club San Xerome:
• Pepe González (2º clasificado na Categoría de Xogo Masc.)
• Maite Barros (2ª clasificada na Categoría Adaptada Fem.)
• Amparo Ferreira  (3ª clasificada na Categoría de Competición Fem.)
• Luis Antonio Sández (3º clasificado na Categoría de Competición Masc.)
• Borja Cadilla (2º clasificado na Categoría de Competición Masc.)
O resto dos participantes do noso Club fixeron tamén un bo papel:  Fran Martínez, Rosa María Alvarez, Carmen Verde  e Maite Santos.
Os vencedores absolutos da máxima categoría foron: Sonia García (R. Chapela) e  Sergio Rodríguez na categoría masculina (R. Chapela) , quen  fixo un tempo espectacular:  12 m. 13 s. (3.000 m.)
Tódolos Clubes participantes felicitaron a Organización polo traballo realizado. Éxito  posible, gracias  ó impresionante traballo   feito por máis  de 25 voluntari@s encabezados por Jose Morais.
FEGADDI e o Club San Xerome,  agradecen públicamente a tódolos colaboradores no evento facendo unha  mención especial  o propietario do Camping Santa Tecla (Juan José Pino) e  os voluntari@s, tanto do “I Campo a través pola integración” como do “Campionato galego de campo a través.  GRACIÑAS UNHA VEZ MAIS POLA VOSA SOLIDARIEDADE!!!

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas